| Cursos de Inglés |
30 horas |
Obrigatorio |
A área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo oferta ao longo do curso diferentes Cursos de Idiomas con niveis variados que os doutorandos poden realizar |
| Curso de comunicación oral en inglés académico |
30 horas |
Opcional |
Destinado a mellorar as habilidades para a difusión científica a través das exposicións en inglés. |
| Curso de comunicación escrita en inglés académico |
30 horas |
Opcional |
Destinado a mellorar as habilidades para a difusión científica a través das publicacións en inglés. |
| Seminarios de investigación |
10 horas |
Obrigatorio |
Destinado a mellorar as estratexias de comunicación en público dos resultados da investigación. |
| Presentación de comunicacións en Congresos Científicos |
10 horas |
Opcional |
Participación en congresos científicos nacionais ou internacionais ao longo do seu período de formación, nos que presentará unha contribución científica en forma de comunicación ou póster. |
| Promoción da mobilidade |
5 horas |
Opcional |
Charlas e coloquios para o fomento da realización por parte dos doutorandos de estancias en centros de investigación estranxeiros para poder obter un Doutoramento con Mención Internacional. |
| Curso de Estatística |
20 horas |
Opcional |
O Departamento de Estatística e Investigación Operativa e a Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa a través da área de Innovación Educativa ofertan anualmente un Curso de estatística aplicada á Investigación |