Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

A Facultade de Ciencias dispón, no Edificio Politécnico do campus de Ourense, dun total de 14 aulas para docencia presencial, 2 destas aulas teñen unha capacidade de 150 alumnos/as (70 en posición de exame), 8 delas teñen unha capacidade de 70 alumnos e en 4 a súa capacidade é de 60 alumnos. Todas as aulas contan con cobertura wifi, o que permite ao estudantado para acceder a recursos en liña dispostos nas ferramentas de docencia dos que dispón a Universidade de Vigo, así como de sistemas de proxección multimedia.

Así mesmo, a Facultade de Ciencias de Ourense dispón de máis de 30 computadores portátiles para cubrir as eventualidades que se poidan producir ante a necesidade dun soporte informático e non dispoñer o estudantado del nese momento.

A Facultade de Ciencias dispón, ademais, no Edificio Politécnico do campus de Ourense dun total de 11 laboratorios para a docencia práctica, con capacidades comprendidas entre os 12 e os 24 alumnos. Devanditos laboratorios dispoñen das infraestruturas necesarias para impartir a docencia de laboratorio recollida na memoria do título. Ademais existen outros 12 laboratorios de investigación das áreas de coñecemento implicadas equipados coas seguintes infraestruturas:

HPLC | Cromatógrafo de gases | Muestradores de calidade biolóxica ambiental | Difracción de luz por laser | Espectofotómetros | Espectofluorímetros | IR | Viscosímetros / Reómetros | Tensiómetros | Balanzas Langmuir | Microscopios | Microscopios de ángulo Brewster | Reactores de alta presión | Fermentadores

A Facultade de Ciencias dispón ademais dun invernadoiro e dunha leira de prácticas no campus.

A Universidade de Vigo está a dotar ao centro dunha Planta Piloto, pendente de resolver certas cuestións urbanística, liquidando as súas necesidades coa existente no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI), sito no Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense) duns 800 m2, aproximadamente.

Máis información