A Facultade de Ciencias dispón, no Edificio Politécnico do Campus de As Lagoas de Ourense, dun total de 14 aulas para docencia presencial, 2 destas aulas teñen unha capacidade de 150
alumnos/as (70 en posición de exame), 8 delas teñen unha capacidade de 70 alumnos e en 4 a súa capacidade é de 60 alumnos. Todas as aulas contan con cobertura wifi, o que permite ao alumnado para acceder a recursos en liña dispostos nas ferramentas de docencia dos que dispón a Universidade de Vigo, así como de sistemas de proxección multimedia.
Así mesmo, a Facultade de Ciencias de Ourense dispón de máis de 30 computadores portátiles para cubrir as eventualidades que se poidan producir ante a necesidade dun soporte informático e non dispoñer o alumnado del nese momento.
A Facultade de Ciencias dispón, ademais, no Edificio Politécnico do Campus de As Lagoas de Ourense dun total de 11 laboratorios para a docencia práctica, con capacidades comprendidas entre os 12 e os 24 alumnos. Devanditos laboratorios dispoñen das infraestruturas necesarias para impartir a docencia de laboratorio recollida na memoria do título. Ademais existen outros 12 laboratorios de investigación das áreas de coñecemento implicadas equipados coas seguintes infraestruturas:
- HPLC
- Cromatógrafo de gases
- Muestradores de calidade biolóxica ambiental
- Difracción de luz por laser
- Espectofotómetros
- Espectofluorímetros
- IR
- Viscosímetros / Reómetros
- Tensiómetros
- Balanzas Langmuir
- Microscopios
- Microscopios de ángulo Brewster
- Reactores de alta presión
- Fermentadores
A Facultade de Ciencias dispón ademais dun invernadoiro e dunha leira de prácticas no Campus.
A Universidade de Vigo está a dotar ao centro dunha Planta Piloto, pendente de resolver certas cuestións urbanística, liquidando as súas necesidades coa existente no Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI), sito no Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense) duns 800 m2, aproximadamente.
Consulta todos os recursos dispoñibles no seguinte documento:
Recursos materiais e servizos