Catedrático/a de universidade
Área de Enxeñaría Química
Departamento de Enxeñaría Química
Información de contacto
Facultade de Ciencias
Edificio Politécnico
Despacho 206
As Lagoas, s/n
32004 Ourense
+34 988 387 233
xluis@uvigo.es
Breve CV
Comezou a súa carreira docente en 1993, impartindo docencia de Química na Escola Universitaria de Enxeñeiros Técnicos Industriais e na E.T.S. de Enxeñeiros Industriais da Universidade de Vigo. Desde o ano 1998, imparte toda a súa docencia na Facultade de Ciencias (Ourense), incluíndo materias como Operacións Básicas e Control de Procesos I e II, Deseño de Instalacións e Operacións Básicas II. Tamén organizou e participou en varios cursos de extensión universitaria e dirixiu ou codirixiu 12 proxectos fin de carreira. Acumula máis de 25 anos de experiencia investigadora no campo do aproveitamento de biomasa vexetal, incluíndo aspectos como o fraccionamento de madeiras e subprodutos agroindustriais, a deslignificación e blanqueo de pulpas, o procesamento enzimático e a fermentación. Na actualidade, o seu labor investigador céntrase na produción e aplicación de novos prebióticos derivados de pectinas e hemicelulosas. Participou en máis de 25 proxectos de investigación, sendo investigador principal en 2 proxectos de ámbito autonómico, 2 proxectos de ámbito nacional e 4 contratos de I+D+i con industrias. Tamén codirixiu 6 teses de doutoramento e é coautor de máis de 95 artigos científicos. O seu índice h é 25.
Investigación
Liñas de investigación no programa
- Obtención e avaliación de novos ingredientes funcionales