Actividade | Duración | Carácter | Descripción |
---|---|---|---|
Cursos de Inglés | 30 horas | Obrigatorio | A área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo oferta ao longo do curso diferentes Cursos de Idiomas con niveis variados que os doutorandos poden realizar |
Curso de comunicación oral en inglés académico | 30 horas | Opcional | Destinado a mellorar as habilidades para a difusión científica a través das exposicións en inglés. |
Curso de comunicación escrita en inglés académico | 30 horas | Opcional | Destinado a mellorar as habilidades para a difusión científica a través das publicacións en inglés. |
Seminarios de investigación | 10 horas | Obrigatorio | Destinado a mellorar as estratexias de comunicación en público dos resultados da investigación. |
Presentación de comunicacións en Congresos Científicos | 10 horas | Opcional | Participación en congresos científicos nacionais ou internacionais ao longo do seu período de formación, nos que presentará unha contribución científica en forma de comunicación ou póster. |
Promoción da mobilidade | 5 horas | Opcional | Charlas e coloquios para o fomento da realización por parte dos doutorandos de estancias en centros de investigación estranxeiros para poder obter un Doutoramento con Mención Internacional. |
Curso de Estatística | 20 horas | Opcional | O Departamento de Estatística e Investigación Operativa e a Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa a través da área de Innovación Educativa ofertan anualmente un Curso de estatística aplicada á Investigación |