(Establecidas polo RD 861/2010)

Competencia básica 11 (CB11)

Comprensión sistemática dun campo de estudo e dominio das habilidades e dos métodos de investigación relacionados con dito campo.

Competencia básica 12 (CB12)

Capacidade de concibir, deseñar ou crear, poñer en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.

Competencia básica 13 (CB13)

Capacidade para contribuir á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.

Competencia básica 14 (CB14)

Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.

Competencia básica 15 (CB15)

Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica, e coa sociedade en xeral, sobre os seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.

Competencia básica 16 (CB16)

Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade baseada no coñecemento.

 

(Establecidas polo RD 861/2010)

Capacidade 1 (CA01)

Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.

Capacidade 2 (CA02)

Encontrar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.

Capacidade 3 (CA03)

Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento.

Capacidade 4 (CA04)

Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinario.

Capacidade 5 (CA05)

Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.

Capacidade 6 (CA06)

A crítica e defensa intelectual de solucións.

 

Competencia xeral 1 (CG1)

Realizar unha contribución a través dunha investigación orixinal que amplíe as fronteiras do coñecemento sobre aspectos nutricionais e/ou tecnolóxicos e/ou toxicolóxicos dos alimentos, desenvolvendo un corpus sustancial, do que parte mereza a publicación referenciada a nivel nacional ou internacional.

Competencia xeral 2 (CG2)

Capacidade de integrar los coñecementos avanzados adquiridos para xestionar, liderar e deseñar actividades de investigación no campo da Calidade e Tecnoloxía dos Alimentos.

Competencia xeral 3 (CG3)

Ser capaz de desenvolver un produto alimentario ou levar a cabo un traballo de investigación aplicado no ámbito da Calidade e a Tecnoloxía Alimentaria.

Competencia xeral 4 (CG4)

Capacidade para actualizar o coñecemento, realizando unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas nos diversos aspectos da Calidade e Tecnoloxía Alimentaria, abarcando niveis máis integradores e multidisciplinares.

 

Competencia específica 1 (CE1)

Aplicar os coñecementos científicos e técnicos máis avanzados adquiridos á produción e elaboración de novos alimentos.

Competencia específica 2 (CE2)

Identificar e valorar as melloras nutricionais e/ou organolépticas que supón a incorporación de novas tecnoloxías á transformación de materias primas e diseño de novos alimentos.

Competencia específica 3 (CE3)

Identificar os riscos microbiolóxicos, químicos, físicos, tecnolóxicos e nutricionais nos novos procesos de transformación de alimentos e investigar e deseñar metodoloxías específicas que minimicen estes riscos.

Competencia específica 4 (CE4)

Capacidade para investigar e aplicar a análise avanzada de alimentos e ingredientes ao control de calidade en calquer etapa da produción, almacenamento ou distribución seguindo a normativa alimentaria.

Competencia específica 5 (CE5)

Profundizar nos coñecementos e aplicacións da metodoloxía da trazabilidade alimentaria.

 

Competencia transversal 1 (CT1)

Desenvolver a capacidade de realizar traballos de investigación de forma autónoma, fomentando o traballo en equipo, a utilización de recursos e a aplicación dos coñecementos adquiridos durante o desenvolvemento do programa de doutoramento.

Competencia transversal 2 (CT2)

Capacidade para recibir e transmitir información especializada en lingua inglesa na área de Calidade e Tecnoloxía Alimentaria cun nivel de competencia similar ao B1 do Consello de Europa.

Competencia transversal 3 (CT3)

Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.

Competencia transversal 4 (CT4)

Desenvolver as habilidades de aprendizaxe necesarias para a exposición oral dos resultados da investigación ou do deseño dun produto alimentario, e debater calquera aspecto.

Competencia transversal 5 (CT5)

Desenvolverse en situacións nas que hai pouca información específica obtendo solucións de forma crítica.