Inicio

Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria

 
 
 

 

O Programa de Doutoramento en Ciencia e Tecnoloxía Agroalimentaria, con Mención cara á Excelencia do Ministerio de Educación, pretende formar doutores que desenvolvan a súa actividade de I+D+i nos diversos elos da cadea alimentaria, desde a produción primaria de materias primas aos derradeiros avances en procesado ou biotecnoloxía, pasando pola calidade e a seguridade alimentaria, garantindo unha formación integral e multidisciplinar que permita aos egresados desenvolver e implementar novas tecnoloxías no sector agroalimentario, así como o desenvolvemento de novos produtos e/ou a valorización dos que actualmente existen no mercado.